000 02994nam a2200277 i 4500
008 210519s2018 sp e glg
017 _aPO 578-2018
020 _a9788416721238
080 1 _a82-N
100 _aVuillard, Éric
_eaut
_9133686
245 2 _aA orde do día
_c/ Éric Vuillard
250 _a1ª ed.
260 _aPontevedra
_b: Faktoría K
_c, 2018
300 _a115 p.
_c; 21 cm
500 _aA medio camiño entre a ficción e o relato histórico, “A orde do día” ten como trasfondo a anexión alemana de Austria-Anschlussen 1938 e a Segunda Guerra Mundial, coa chegada previa de Adolf Hitler ao poder cinco anos antes e o apoio dos potentes industriais alemáns á maquinaria de guerra nazi. Paralelo á narración histórica, Éric Vuillard fai unha análise crítica e irónica dos acontementos, que tanto marcaron o devir actual. Tamén chama a atención sobre o factor do esquecemento, en tanto esas grandes corporacións colaboracionistas co rexime -que fixeron negocio coa contenda e usaron man de obra escrava nas fábricascontinúan producindo “os nosos coches, as nosas lavadoras e os nosos produtos de limpeza”, afirmou o autor. Non só non perderon, senón que esas marcas seguen presentes nas nosas vidas. As persoas pasan, pero os grandes capitais perduran. Trátase dunha novela cun ton intensa, onde nada é accesorio. No proceso de documentación, Vuillard recorreu a imaxes de arquivo, películas de propaganda nazi, documentos e transcricións cos xuízos de Nuremberg. Os episodios baseados na realidade mestúranse con anécdotas protagonizadas por personaxes anónimos, dotando a obra dun carácter versátil. “O mundo de hoxe é radicalmente distinto ao dos anos 30, mais as coordenadas parécense: somos testemuñas dun ascenso da autoridade e do racismo, da forte influencia das finanzas e dun empeoramento das desigualdades”, advirte o autor.
520 3 _aA acción remóntase a unha fría mañá de febreiro de 1933, nos primeiros compases do Terceiro Reich, cando Hitler se erixe en primeiro canciller alemán e -canda Hermann Göring, destacado membro do Partido Nazi- se reúne en secreto no Reichtag, a sede do parlamento alemán, con 24 directivos de empresas como Krupp, Opel, Siemens, Telefunken, Bayer ou Allianz para pedirlles que apoien economicamente a campaña do nacionalsocialismo de cara ás eleccións lexislativas que se celebrarían en marzo. A cambio da axuda para facerse co absoluto control do goberno, ofréceselles orde, traballo, represión sindical e enormes beneficios económicos. Ningún deles rexeita a proposta.
521 _aADU
650 _aNovela histórica
_9194448
650 _aSegunda Guerra Mundial
_98899
650 _aNazismo
_95818
650 _aEsquecemento
_9132052
700 _aVeres Gesto, Antía
_etrl
_940077
856 _uhttps://www.kalandraka.com/pub/media/productattach/A-orde-do-dia-G.pdf
997 _e3
_dValidado