O longo adeus / Raymond Chandler ; Traducido por Diego Ameixeiras e Alejandro Tobar
por Chandler, Raymond [autor/a]
; Ameixeiras, Diego [tradutor/a]
; Tobar, Alejandro [tradutor/a]
.
Tipo: 





Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Número de volume | Dispoñibilidade | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | IES Valadares Sala préstamo | 821N CHA lon | Dispoñible | PED052000011007 |
|
O longo adeus, publicada en 1953 e galardoada dous anos máis tarde co Premio Edgar que concede a Asociación de Escritores de Misterio dos Estados Unidos de América, está considerada a obra mestra de Raymond Chandler. Herdeira do estilo crítico e realista de Dashiell Hammett, o tempo converteuna nun clásico da narrativa negra.
O detective Philip Marlowe axuda a marchar do país a Terry Lennox, un estraño personaxe sobre o que recaen todas as sospeitas polo asasinato da súa muller. Máis tarde, o fuxido suicidarase en México tras escribir unha carta de confesión. Aínda que o caso queda pechado, Marlowe teima en investigar sen atender ás presións da policía, dos baixos fondos e do magnate Harlan Potter, pai da falecida. Ao tempo, encárgase de localizar un escritor desaparecido, o atormentado Roger Wade, unha nova pescuda coa que o detective irá descubrindo o misterio que agocha a personalidade de Lennox.