A vida de María Zambrano debúllase neste libro, unha autora innovadora e comprometida cuxo exilio foi un longo periplo xeográfico e vital. O relato comeza na súa infancia, chea de inquietudes, e continúa na súa época de estudante en Madrid, ademais de resaltar a súa aposta pola liberdade fronte á ditadura de Primo de Rivera e ao franquismo. O regreso a España desde Chile en plena Guerra Civil e a marcha a Francia marcan a súa traxectoria, de fronteira en fronteira, nunha “peregrinaxe ininterrompida”: París, Nova York, A Habana, Porto Rico, Roma... A escritura foi o seu bálsamo ata o retorno ao seu país en 1984, case cincuenta anos despois.