Lo imprevisible : todo lo que la tecnología quiere y no puede controlar / Marta García Aller.
por García Aller, Marta.
Tipo: LibroEditor: Barcelona : Planeta , 2020 Edición: 1ª ed.Descrición: 366 p. ; 23 cm.ISBN: 9788408221708.Materia(s): Intelixencia artificial | Inteligencia artificial | Algoritmos | Algoritmos | Divulgación científica | Divulgación científicaResumo: Gústanos telo todo baixo control, pero á vez queremos que a vida nos sorprenda. Hai algoritmos para predicir o tempo, os atascos e ata o amor. Hainos que compoñen música e pintan cadros como os de Rembrandt. Algúns crean noticias falsas e outros predín a quen imos votar. A medida que lles imos cedendo poder ás máquinas, máis nos preocupa todo aquilo que escapa do seu control. Por que os algoritmos non puideron prever a maior pandemia global? Que aspectos da nosa vida invadirá a intelixencia artificial tras o coronavirus? Canto do que nos rodea seguirá sendo imprevisible? Con humor e espírito crítico, a xornalista Marta García Aller mergúllanos nunha procura fascinante do que significa ser humano nun mundo incerto dominado polas máquinas. O resultado é un libro imprescindible no que aparecen todo tipo de testemuñas do inesperado. Desde matemáticos, epidemiólogos e xenetistas ata lingüistas, avogadas e enxeñeiras. Hai unha nena de tres anos, varias empresarias de éxito e un ligón de Tinder, xunto a neurólogos, humoristas e algún que outro robot. Os datos, como os oráculos, non sempre son de fiar e a miúdo atribuímoslles máis poder do que realmente teñen, pero tanto os seus acertos como os seus erros determinarán o noso futuroTipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Dispoñibilidade | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | IES Valadares Sala préstamo | 15 GAR imp | Dispoñible | PED052000010044 |
|
Notas de cada capítulo al final do libro.
Notas
Gústanos telo todo baixo control, pero á vez queremos que a vida nos sorprenda. Hai algoritmos para predicir o tempo, os atascos e ata o amor. Hainos que compoñen música e pintan cadros como os de Rembrandt. Algúns crean noticias falsas e outros predín a quen imos votar.
A medida que lles imos cedendo poder ás máquinas, máis nos preocupa todo aquilo que escapa do seu control. Por que os algoritmos non puideron prever a maior pandemia global? Que aspectos da nosa vida invadirá a intelixencia artificial tras o coronavirus? Canto do que nos rodea seguirá sendo imprevisible?
Con humor e espírito crítico, a xornalista Marta García Aller mergúllanos nunha procura fascinante do que significa ser humano nun mundo incerto dominado polas máquinas. O resultado é un libro imprescindible no que aparecen todo tipo de testemuñas do inesperado. Desde matemáticos, epidemiólogos e xenetistas ata lingüistas, avogadas e enxeñeiras. Hai unha nena de tres anos, varias empresarias de éxito e un ligón de Tinder, xunto a neurólogos, humoristas e algún que outro robot.
Os datos, como os oráculos, non sempre son de fiar e a miúdo atribuímoslles máis poder do que realmente teñen, pero tanto os seus acertos como os seus erros determinarán o noso futuro