Eltahawy, Mona

Hixabs e himes : por que Oriente Medio precisa dunha revolución sexual / Mona Eltahawy ; tradución de María Fe González Fernández - A Coruña : Hércules de Ediciones , 2023 - 196 p. ; 21 cm

A xornalista Mona Eltahawy non é allea á controversia. A través dos seus artigos e accións, loitou pola autonomía, a
seguridade e a dignidade das mulleres musulmás, atraendo seguidores e detractores. No seu primeiro libro, Hixabs e
himes, Eltahawy realiza unha condena definitiva das forzas represoras —políticas, culturais e relixiosas— que reducen
millóns de mulleres a cidadás de segunda clase.
Recorrendo aos seus anos como activista e comentarista dos problemas das mulleres en Oriente Medio, explica que,
dende que comezou a Primavera Árabe en 2010, as mulleres no mundo árabe tiveron que afrontar dúas revolucións:
unha loita xunto aos homes contra os réximes opresivos e outra loita contra todo un sistema político e económico que
reprime as mulleres en Exipto, Arabia Saudita, Tunisia, Libia, Iemen e outros países. Eltahawy viaxou por Oriente Medio
e polo norte de África reuníndose con mulleres e escoitando as súas historias. O seu libro é unha chamada á indignación e á acción para enfrontarse a esa «mestura tóxica de cultura e relixión que poucos se senten inclinados a desenlear».
Un manifesto motivado pola esperanza e pola furia en igual medida.

9788419754202


Discriminación sexual--- Oriente Próximo
Discriminación sexual--- Oriente Próximo

305(53)

Coa tecnoloxía Koha